Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Luns, 23 de febreiro de 1998 Páx. 1.880

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLEDA DE VALDEORRAS

ANUNCIO de convocatoria dunha praza de auxiliar de Administración xeral correspondente á oferta de emprego público do ano 1997.

Aprobada no seu día polo Pleno deste Concello a oferta de emprego público do ano l997, así como a convocatoria e as bases para a provisión en propiedade por concurso-oposición libre, con quenda de promoción interna, dunha praza de auxiliar da escala de Administración xeral; publicada no BOE a oferta de emprego público, procédese á publicación da convocatoria da referida praza e das bases polas que se rexerá esta.

Bases, exercicios e programas

1º.-Obxecto da convocatoria: o obxecto da convocatoria é a provisión en propiedade polo procedemento de concurso-oposición, dunha praza de auxiliar administrativo, creada por amortización da praza de policía local, subescala de auxiliar da escala de Administración xeral con quenda previa de promoción interna, de acordo coa oferta pública de emprego do ano actual.

2º.-A praza que se convoca figura no cadro do persoal deste concello, incluída no grupo D, nivel 11, dotada no orzamento coas retribucións correspondentes segundo a lexislación vixente.

3º.-Quendas: co fin de facilita-la promoción interna dos funcionarios desde o corpo, escala ou subescala do grupo de titulación inferior, grupo E, establécense dúas quendas para a práctica das probas da oposición.

A primeira quenda de promoción interna resérvase para os funcionarios que pertenzan na actualidade a calquera subescala de Administración xeral ou especial desta corporación do grupo de titulación inferior ó da praza obxecto da convocatoria e que, estando en posesión da titulación esixida que se determina na base seguinte, posúan unha antigüidade de polo menos dous anos de servicio como funcionarios de carreira na subescala á que pertenzan. Seralles de aplicación o resto das condicións e probas que se establecen nestas bases.

De superaren as probas os aspirantes de promoción interna, ó existir soamente unha praza para ocupar, non se celebraría a quenda libre.

A segunda quenda de concurso-oposición libre celebrarase soamente no suposto de non presentarse aspirantes na quenda de promoción interna, ou de presentarse, unha vez realizadas as probas, se ningún dos aspirantes superasen a totalidade dos exercicios de carácter obrigatorio que se establecen nestas bases, ou aínda superándoas, non reunisen as condicións que se establecen nestas bases. Os aspirantes en quenda de promoción interna non poderán optar tamén a quenda libre.

4º.-Condicións e requisitos que deben cumpri-los aspirantes para poderen ser admitidos nas probas selectivas:

A.-Quenda de promoción interna:

a) Pertencer á subescala de subalternos da escala Administración xeral, ou á subescala de servicios especiais da escala de Administración especial desta corporación.

b) Acreditar un mínimo de dous anos de servicios en propiedade na subescala integrada no grupo de titulación inferior ó da praza obxecto da convocatoria.

c) Estar en posesión do título de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente.

B.-Quenda libre:

a) Ser español.

b) Ter cumpridos dezaoito anos de idade, e non exceder daquela na que falten menos de dez anos para a xubilación forzosa por idade.

c) Estar en posesióin do título de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente.

d) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impidan o desempeño das funcións que corresponden ó posto de traballo.

e) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servicio do Estado, das comunidades autónomas ou das entidades locais, nin acharse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

Tódolos requisitos e condicións deberanse posuír no momento de remata-lo prazo de presentación das instancias e gozar delas durante o período selectivo.

5º.-Os aspirantes que desexen tomar parte nas probas selectivas deberán presenta-la instancia na que manifesten que reúnen todos e cada un dos requisitos esixidos na base cuarta, segundo se trate de aspirantes da quenda de promoción interna ou da quenda libre, e que se comprometen a prestar xuramento ou promesa na toma legalmente establecida, xuntando á instancia os méritos que desexen que lles sexan valorados, de conformidade co previsto na base 11ª.1.

6º.-Prazo de presentación de instancias: as instancias irán dirixidas á presidencia da corporación. O prazo de presentación será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación de extracto da convocatoria e das bases no BOE, admitíndose calquera forma de presentación na que se acredite con exactitude a data de presentación no prazo establecido.

7º.-Dereitos de exame: os dereitos de exame fíxanse na cantidade de mil pesetas, que deberán ser ingresadas polos aspirantes na tesourería do Concello ó presenta-la instancia. No suposto de que non se cheguen a realiza-las probas de quenda libre, a devandita cantidade seralles devolta ós aspirantes. Igual proceder seguirase para os que non resulten admitidos.

8º.-Publicación da convocatoria e bases: estas bases e a convocatoria do concurso-oposición, así como os correspondentes edictos posteriores que conteñan a relación de admitidos e excluídos, composición do tribunal e fixación da data e lugar de comezo das probas, publicarase integramente no BOP e no taboleiro de anuncios. Unicamente as bases e a convocatoria publicaranse igualmente no Diario Oficial de Galicia. Feita a convocatoria no BOP e no Diario Oficial de Galicia procederase á publicación dun extracto mediante edicto no BOE con indicacións de BOP e Diario Oficial de Galicia no que se publican as bases e a convocatoria.

Os edictos posteriores, relacionados neste concurso-oposición, publicaranse unicamente no BOP de Ourense e no taboleiro de anuncios.

9º.-Admisión de aspirantes: rematado o prazo de admisión de instancias, a alcaldía-presidencia dictará resolución no prazo dun mes, pola que declara aprobada a relación de admitidos e excluídos, tanto á quenda de promoción interna como á quenda libre.

A devandita resolución será exposta no taboleiro de anuncios e publicada no BOP, indicándose o nome, apelidos e DNI dos admitidos e excluídos, indicando, se é o caso, as causas de exclusión, coa concesión dun prazo de dez días para emenda das deficiencias, de conformidade co previsto no artigo 71 da Lei 30/1992, de procedemento administrativo común. Na mesma resolución da alcaldía determinarase o lugar, data e hora de comezo dos exercicios, e a orde de actuación dos opositores nos exercicios que non puidesen facerse de maneira conxunta, así como a composición do tribunal cualificador.

Entre a publicación da convocatoria no BOE e o comezo das probas terá que transcorrer un período mínimo de dous meses.

10º.-Xurado cualificador: composición.-O xurado cualificador comparase, de acordo co disposto no artigo 4 do R.D. 896/1991, do 7 de xuño, polos seguintes membros:

-Presidente: o da corporación ou concelleiro en quen delegue.

-Secretario: o da corporación.

-Vocais: un representante da Comunidade Autónoma.

Tres funcionarios da Administración local con titulación superior a esixida para a convocatoria, nomeados pola alcaldía.

Abstención e recusación.-Os membros do xurado deberán absterse de formar parte del e de intervir cando concorran as circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notificándollo á autoridade convocante. Os aspirantes poderán recusalos por razóns sinaladas nas disposicións vixentes.

Os aspirantes e órganos ós que correspondan nomea-los membros do xurado nomearán titulares e suplentes.

O xurado non poderá constituírse nin acatar sen a asistencia como mínimo de tres dos seus membros titulares ou suplentes, debendo estar presentes o presidente e secretario. A actuación do xurado axustarase estrictamente ás bases da convocatoria; sen embargo, queda facultado para resolve-las dúbidas que aparezan da súa aplicación e podará toma-los acordos que correspondan para aqueles supostos non previstos nas bases.

As resolucións do xurado vincularán a Administración convocante, sen prexuízo de que esta, se é o caso, poida proceder á revisión das resolucións do xurado, conforme o previsto no capítulo I, do título VII da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

11º.-Proceso selectivo: a selección comporase da fase de concurso e da fase de oposición.

11.1.-Fase de concurso: será previa á fase de oposición, non terá carácter eliminatorio nin poderá terse en conta para supera-las probas da fase de oposición.

Valoración de méritos na fase de concurso:

a) Polos servicios prestados na Administración local: 0,10 puntos por mes de servicio ata un máximo de 4 puntos.

-Por servicios prestados noutra Administración: 0,05 puntos por mes de servicio, ata un máximo de 4 puntos.

-O prazo para o cómputo rematará na mesma data en que remate o prazo para a presentación de soli

citudes. A súa xustificación farase mediante certificación específica de servicios prestados.

b) Por estar en posesión de título/s académicos superiores ós esixidos pola convocatoria:

-Por estar en posesión de título de bacharel superior ou formación profesional de 2º grao, 1 punto.

c) Por coñecemento do idioma galego:

-Estar en posesión do curso de iniciación: 0,25 puntos.

-Estar en posesión do curso de perfeccionamento: 0,50 puntos.

-Curso básico de linguaxe administrativa: 1 punto. Soamente se avaliará o curso ó acreditalo.

d) Por outros méritos diferentes dos citados que poidan achega- los aspirantes , o xurado poderá dar un máximo de 1 punto.

O xurado logo de convocatoria para o efecto, avaliará os méritos dos aspirantes e decidirá a puntuación que a cada un deles corresponde na fase de concurso, de conformidade cos méritos puntuables establecidos nestas bases.

A lista coas puntuacións asignadas ós aspirantes na fase de concurso farase pública no taboleiro de anuncios do concello con anterioridade á data de celebración do primeiro exercicio na fase de oposición.

11.2.-Fase de oposición: constará de 3 exercicios, todos eles de carácter obrigatorio, aínda que só os dous primeiros terán carácter eliminatorio.

-Primeiro exercicio: de carácter práctico, comporase de dúas partes que se farán nunha mesma sesión.

Primeira parte: consistirá en copiar a máquina non eléctrica durante dez minutos un texto facilitado polo xurado a unha velocidade de 150 pulsacións por minuto. Avaliarase a velocidade, limpeza, presentación e corrección do escrito. Para a práctica desta fase os opositores deberán presentarse con máquina de escribir non eléctrica.

Segunda parte: consistirá en resolver nun tempo máximo dunha hora un suposto práctico proposto polo xurado relacionado coa contabilidade local (ingresos e gastos), podéndose engadir, igualmente, a criterio do xurado, un suposto práctico sobre liquidación dun imposto, taxa ou prezo público coa proposta de acorde de aprobación e notificación ó contribuínte.

Os opositores poderán solicita-la realización do suposto práctico de contabilidade, co equipo informático do concello. As súas características son: modelo IBM AS-400. Sistema operativo: OS-400. Programa: Sical; neste suposto os opositores serán distribuídos por grupos en función dos terminais que se posúan. A orde de actuación dos opositores será establecido polo xurado. O tempo máximo para a realización do presente exercicio computarase a partir da hora de comezo para cada grupo de opositores, se non se puidese realizar esta fase da proba de forma conxunta.

O xurado poderá solicitar asesores especialistas para a preparación do equipo informático co obxecto de permiti-la realización desta fase do primeiro exercicio.

-Segundo exercicio: realizarano os opositores que superen o primeiro exercicio. Consistirá en desenvolver por escrito, nun prazo máximo de dúas horas, un tema da parte xeral e outro da parte específica, que aparece no programa anexo, elixido polo opositor de entre dous de cada parte (xeral e específica) do programa anexo, extraídos ó chou polo xurado.

-Terceiro exercicio: rematado o prazo de celebración do segundo exercicio, e na mesma sesión, procederase á realización do terceiro exercicio, que terá carácter obrigatorio, pero non eliminatorio, e consistirá na traducción para o galego, nun prazo máximo de quince minutos e sen elementos auxiliares, dun texto en castelán proposto polo xurado.

Na fase de oposición, o xurado garantirá, sempre que sexa posible, o anonimato dos aspirantes.

12º.-Cualificación dos exercicios na fase de oposición: os exercicios na fase de oposición cualificaranse como segue:

-Primeiro exercicio: cualificarase ata un máximo de dez puntos, ponderándose en cinco puntos cada unha das partes. Será necesario obter unha puntuación mínima de cinco puntos no total da cualificación do exercicio para supera-lo exercicio.

-Segundo exercicio: cualificarase ata un máximo de dez puntos, sendo necesario obter unha puntuación mínima de cinco puntos para supera-lo exercicio.

-Terceiro exercicio: de carácter non eliminatorio; cualificaranse cun máximo de tres puntos.

A puntuación obterase da media aritmética de puntos que a cada opositor lle outorgue cada un dos membros do xurado que teña voz e voto.

A cualificación ou puntuación final na fase de oposición obterase sumando as puntuacións parciais de cada un dos dous exercicios eliminatorios superados polo opositor. A esta suma engadirase a cualificación acadada no terceiro exercicio.

13º.-Cualificación final do concurso-oposición: á cualificación acadada polos opositores nos exercicios da fase de oposición sumaráselle a puntunción que cada un dos opositores acadou na fase de concurso, de conformidade cos méritos puntuables que se especifican nas bases número 11.1. O resultado acadado constituirá a puntuación final do concurso-oposición e será o aspirante que acade a maior puntuación o que o xurado declare aprobado.

Se na quenda de promoción interna resulta que algún aspirante incluído na devandita quenda superou tódolos exercicios eliminatorios da fase de oposición, será declarado aprobado polo xurado o aspirante incluído na devandita quenda que obtivese a maior puntuación final do concurso-oposición, non realizándose a convocatoria para a quenda libre.

14º.-Calendario de realización das probas: o lugar, data e hora da celebración dos exercicios das probas selectivas fixaranse na resolución da alcaldía na que se declare a admisión e exclusión dos aspirantes a que se refire a base novena.

Os aspirantes serán convocados de forma conxunta ó primeiro exercicio da oposición a través da publicación no BOP e taboleiro de anuncios da resolución á que se refire a base novena; acudirán ó chamamento único ó lugar, hora e data que estableza a resolución, provistos do DNI; a non presentación dun aspirante a calquera dos exercicios dará lugar á exclusión automática e perderá os dereitos para participar a partir dese momento na práctica dos exercicios.

Unha vez comezadas as probas selectivas, os sucesivos anuncios sobre as restantes probas faraos públicos o mesmo xurado nos locais onde se celebraron as probas e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

15º.-Relación de aprobados e presentación de docUmentación: rematada a cualificación final do concurso-oposición, o xurado publicará no taboleiro de anuncios a relación de aprobados.

O xurado non poderá aprobar nin declarar que superaron as probas selectivas un número de aspirantes superior ó de prazas convocadas. Simultaneamente á súa publicación, o xurado elevará a relación expresada á alcaldía e proporá o nomeamento correspondente. O mesmo tempo, remitiralle á citada autoridade a acta da última sesión.

O aspirante que resulte proposto presentará ante a Administración municipal, dentro do prazo de vinte días naturais desde que se faga pública a cualificación, os documentos acreditativos das condicións necesarias para tomar parte na oposición, que se esixen na base terceira:

a) Fotocopia compulsada do DNI e partida de nacemento.

b) Copia autentificada e fotocopia debidamente compulsada do título esixido.

c) Certificado acreditativo de non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o normal exercicio da función que se vai desempeñar.

d) Declaración subscrita polo interesado acreditativa de non ser separado mediante expediente disciplinario do servicio do Estado, das comunidades autónomas ou das entidades locais, nin estar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas por sentencia firme.

e) Declaración subscrita polo interesado de non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade específica ou incompatibilidade conforme a Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ó servicio das administracións públicas.

Quen dentro do prazo indicado e salvo causa de forza maior non presentase a documentación esixida non poderá ser nomeado, quedando anuladas tódalas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que puidese incorrer.

16º.-Nomeamento e toma de posesión: rematado o proceso selectivo e presentada a documentación á que se refire a base anterior, o alcalde, de acordO coa proposta do xurado cualificador, procederá ó nomeamento do funcionario de carreira que terá que exercer na praza convocada, séndolle notificado o nomeamento ó interesado en forma regulamentaria; o cal tomará posesión no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte a aquel en que lle sexa notificado o nomeamento.

Na acta de toma de posesión deberá facerse referencia ó cumprimento da dilixenica de prestar xuramento ou promesa na forma que determine o Real decreto 707/1989, do 5 de abril. Quen se causa xustificada non tome posesión no prazo sinalado caerá en situación cesante, con parda de tódolos dereitos derivados da convocatoria e nomeamento conferido.

17º.-Dereito supletorio e normas de aplicación: para todo o non previsto nestas bases, ou naquilo en que puidese estar en contradicción coa lexislacion que se cita, e salvo sempre a facultade de interpretación que ó xurado se lle outorga na base décima, será de aplicación a Lei 7/1985, do 2 de abril; o Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril; a Lei 30/1984, do 2 de agosto, e o Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que establecen as regras básicas e os programas mínimos ós que debe axustarse o procedemento de selección de funcionarios da Administración local.

18º.-Recursos: contra o acto de aprobación das presentes bases, que esgotan a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o seguinte día ó da súa publicación no BOP diente da sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

TEMARIO

A) Materias comúns:

Tema 1.-A Constitución española de 1978. Principios xerais e estructura. Reforma da Constitución. O Tribunal Constitucional. O Valedor do Pobo.

Tema 2.-Dereitos e deberes fundamentais dos españois.

Tema 3.-A Coroa. O poder lexislativo. O poder xudicial. O Goberno e a Administración do Estado.

Tema 4.-A organización territorial do Estado. As comunidades autónomas. A Administración local na Constitución. A Administración periférica do Estado. Os delegados do Goberno. Os subdelegados. A Administración institucional e corporativa.

Tema 5.-A Comunidade Autónoma de Galicia. O Estatuto de autonomía de Galicia. As competencias da Comunidade Autónoma. O Parlamento. A Xunta e o seu presidente.

Tema 6.-O dereito administrativo. Fontes do dereito administrativo. O acto administrativo. Clases. Requisitos. Motivación. Eficacia e validez dos actos administrativos. Actos nulos e anulables. Revisión de oficio.

Tema 7.-O procedemento administrativo: iniciación, ordenación, intrucción e terminación. O silencio administrativo. Os recursos administrativos.

Tema 8.-A Facenda pública. Os impostas. As taxas. Os prezos públicos. O orzamento. Principios orzamentarios segundo a Lei xeral orzamentaria. O gasto público. Fases do gasto.

Tema 9.-O persoal ó servicio das administracións públicas. Funcionarios públicos: adquisición e perda da condición de funcionario. Situacións administrativas. Incompatibilidades. Dereitos e deberes.

B) Materias específicas:

Tema 1.-A Administración local. Entidades que a compoñen. O réxime local e a súa regulación xurídica.

Tema 2.-O concello. Concepto, organización e competencias do concello.

Tema 3.-O termo municipal. A poboación municipal. O empadroamento.

Tema 4.-A provincia no réxime local. Organización provincial. Competencias.

Tema 5.-Órganos de goberno municipais. O alcalde. O Pleno: a súa integración e funcións. Elección de concelleiros. A Comisión de Goberno e os tenientes de alcalde. Órganos complementarios. Réxime de sesións. Convocatoria e orde do día. Acordos municipais. Actas e certificacións de acordes. Notificacións e comunicacións.

Tema 6.-O procedemento administrativo local. Os expedientes: iniciación, tramitación e resolución. Actos que rematan a vía administrativa. Réxime de impugnacións de actos e acordes. O rexistro de entrada e saída de documentos. Requisitos de presentación de documentos.

Tema 7.-Ordenanzas e regulamentos das entidades locais. Clases. Procedemento de elaboración e aprobación. Bandos.

Tema 8.-A contratación local. Os contratos administrativos, referencia especial o contrato de obra. A selección do contratista.

Tema 9.-O patrimonio das entidades locais. Clasificación dos bens. O inventario:

Tema 10.-O persoal ó servicio da Administración local. Relación de postos de traballo. O persoal funcionario. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos. Situacións administrativas e réxime disciplinario.

Tema 11.-As facendas locais. Clasificación dos ingresos. Ordenanzas fiscais, procedemento de elaboración e aprobación. Taxas, prezos públicos e contribucións especiais.

Tema 12.-Os orzamentos das entidades locais: principios e documentación de que constan. Contabilidade e contas. Os créditos orzamentarios. O gasto público. Fases da xestión de gastos. Fases da xestión de ingresos.

Carballeda de Valdeorras, 13 de xaneiro de 1998.

Mª Carmen González Quintela

Alcaldesa