Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Ourense, 32000 Ourense.
Denominación: C.T., R.B.T. en Galegos, Nespereira e Piñeiro.
Situación: Carballedo.
Características técnicas: dous centros de transformación de 50 kVA 20.000/380-220 V cada un, en Nespereira e Galegos. Redes de baixa tensión con conductor R.Z.-0,6/1 kV-3x35-50-95-150 Al e R.Z.-0,6/1 kV-2x25 Al, para mellora do servicio eléctrico en Galegos, Nespereira e Piñeiro, concello de Carballedo.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Lugo, 9 de xaneiro de 1998.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo