Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Ourense, 32000 Ourense.
Denominación: R.B.T. de Moura e Cizán.
Situación: O Incio.
Características técnicas: redes de baixa tensión con conductor R.Z.-0,6/1 kV-2x25 Al e R.Z.-0,6/1 kV-3x25-50 Al, para mellora do servicio eléctrico en Moura e Cizán, concello do Incio.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade esta
blecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Lugo, 9 de xaneiro de 1998.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo