Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Luns, 23 de febreiro de 1998 Páx. 1.876

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/90-2, 4778 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Ourense, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Covelas.

Situación: Castroverde.

Características técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 0,017 km, sobre apoios de formigón. Centro de transformación de 100 kVA 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión con conductor R.Z.-0,6/1 kV-3x25-50-95 e R.Z. 0,6/1 kV-2x25 Al, para mellora do servicio eléctrico en Covelas, concello de Castroverde.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que

se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Lugo, 9 de xaneiro de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo