Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Luns, 23 de febreiro de 1998 Páx. 1.876

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/89-2, 4777 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Ourense, 32003 Ourense.

Denominación: R.B.T. nas Gándaras.

Situación: Monforte de Lemos.

Características técnicas: rede de baixa tensión en conductor R.Z.-0,6/1 kV 3x25-50 e R.Z.-0,6/1 kV-2x25 Al, para mellora do servicio eléctrico nas Gándaras, concello de Monforte de Lemos.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Lugo, 9 de xaneiro de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo