Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Venres, 20 de febreiro de 1998 Páx. 1.831

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución dos expedientes sancionadores P-52/1997 e P-235/1997 (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a proposta de resolución por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na rúa Benito Corbal, 47-5ª planta, e presentar ante o instructor as alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 28 de xaneiro de 1998.

P.O.

Pilar Pita Ponte

Instructora

ANEXO

Expediente: P-52/1997.

Denunciado e último enderezo coñecido: Jesús Villar Pereira. Rúa Doutor Corbal. 19, Vigo.

Feito denunciado: non respecta-las dimensións mínimas das especies ó capturar unha troita de 11,5 cm (cando a dimensión mínima autorizada é de 19 cm) e non devolvela ó río, o día 23 de marzo de 1997, no río Verdugo, concello de Ponte-Caldelas.

Precepto infrinxido: artigo 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial en relación co artigo 2 da Orde do 17-2-1997 pola que se fixan os períodos hábiles de pesca e normas relacionadas con ela na Comunidade Autonóma de Galicia durante a temporada 1997.

Precepto sancionador: artigo 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Sanción: 5.000 ptas. e indemnización de 1.000 ptas.

Expediente: P-235/1997.

Denunciado e último enderezo coñecido: Antonio Lorenzo Vázquez. Areal-Canudo, 82, Redondela.

Feito denunciado: utilizar con fins de pesca instrumento de uso prohibido (fisga); o denunciado no momento da súa identificación tiña a fisga introducida no cauce do río, o día 23 de xullo de 1997, no río Alvedosa, concello de Redondela.

Precepto infrinxido: artigo 35.5º da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Precepto sancionador: artigo 35 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Sanción: 500.001 ptas. e inhabilitación para obte-la licencia de pesca un ano e un día.