De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 6 de marzo de 1997 (BOE do 27 de marzo), para a provisión da praza número 97/005 de profesor titular de universidades da área de coñecemento de didáctica e organización escolar, do departamento de Pedagoxía e Didáctica das Ciencias Experimentais, desta universidade, a favor de Concepción Sánchez Blanco, e unha vez acreditados pola interesada os requisitos ós que alude o apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,
Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Concepción Sánchez Blanco, profesora titular de universidade da área de coñecemento de didáctica e organización escolar, do departamento de Pedagoxía e Didáctica das Ciencias Experimentais, desta universidade.
A Coruña, 6 de febreiro de 1998.
José Luis Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña