Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Venres, 20 de febreiro de 1998 Páx. 1.811

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 6 de febreiro de 1998 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.Anuncia-la convocatoria para cubir, polo sistema de libre designación, varios postos de traballo vacantes que se relacionan no anexo I desta orde.

Segundo.-Poderán concorrer a ela tódolos funcionarios que reúnan os requisitos que se esixen e se especifican no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo (edificio administrativo de San Caetano, bloque 3, Santiago de Compostela), nas delegacións provinciais ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico da administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo para a presentación de solicitudes será de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. O modelo de solicitude sinálase no anexo II.

Cuarto.-Os aspirantes deberán unirlle á súa solicitude un currículum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.

Quinto.-No caso de resultar seleccionado algún funcionario con destino noutra Administración pública tramitaráselle o seu traslado a esta Comunidade Autónoma e unha vez concedidio pola súa Administración de orixe, procederase a adxudicarlle o posto para o que foi seleccionado. Se no prazo de dous meses a partir da publicación da resolución no DOG o funcionario seleccionado non puidese incorporarse ó seu posto de traballo por non atoparse resolto o seu traslado á Comunidade Autónoma de Galicia, considerarase deserto o posto e poderase proceder de novo á súa provisión.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no DOG e poderase declarar deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días, se o destino anterior está na mesma localidade que a do novo destino, e dun mes se está en localidade distinta ou leva consigo o reingreso ó servicio activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguinte ó da pulibación no DOG, ou desde a data na que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma, para o caso de funcionarios doutra administracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación da resolución.

Oitavo.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día da súa publicación, despois de comunicarllo a esta consellería segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 1998.

Jesús Pérez Varla

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo

ANEXO I

-Núm. Vacan.: 1.

Cód. posto traballo: CUC020000 015770003.

Localidade: Santiago de Compostela.

Departamento: Secretaría Xeral.

Posto de traballo: secretario/a do secretario xeral.

Grupo: C/D.

Nivel C. destino: 18.

Compl. Específ.: 535.523.

Tipo posto: N.

Corpo/escala: xeral.

Formación Específ.: mecanografía.

-Núm. Vacan.: 1.

Cód. posto traballo: CUC050000 015770001.

Localidade: Santiago de Compostela.

Departamento: Dirección Xeral de Medios de Comunicación Social e Audiovisual.

Posto de traballo: secretario/a do director xeral.

Grupo: C/D.

Nivel C. destino: 18.

Compl. Específ.: 535.523.

Tipo posto: S.

Corpo/escala: xeral.

Formación Específ.: mecanografía.