Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Venres, 20 de febreiro de 1998 Páx. 1.791

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 2 de febreiro de 1998 pola que se autoriza o cambio de titularidade do centro privado de educación infantil Santa Cristina de Oleiros (A Coruña).

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado de educación infantil Santa Cristina de Oleiros (A Coruña), solicitando o cambio de titularidade do devandito centro.

Resultando que María José Otero Iglesias cede a súa titularidade, para tódolos efectos, a Saleta Lorenzo, Sociedad Limitada.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, que se lle uniron os documentos esixidos e que a petición recibiu informe da Inspección de Educación.

Resultando que o referido centro docente ten a correspondente autorización para impartir ensinanzas.

Vistos o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (Diario Oficial de Galicia do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (Diario Oficial de Galicia do 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que se cumpriron neste expediente tódolos requisitos esixidos pola normativa vixente nesta materia. Esta consellería,

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de titularidade do centro privado de educación infantil Santa Cristina de Oleiros a favor de Saleta Lorenzo, Sociedad Limitada con tódolos dereitos e obrigas contraídas pola cesionista María José Otero Iglesias, sen prexuízo das responsabilidades que puidesen recaer sobre a anterior titular do centro por actos ou omisións realizados antes do cambio de titularidade que se autoriza.

O cambio de titularidade non afectará ó réxime de funcionamento do centro.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria