Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Xoves, 19 de febreiro de 1998 Páx. 1.773

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 1998 pola que se publica a contratación da subministración dun tractor desbrozadora con destino ós servicios operativos.

1) Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. Praza de España, s/n, 36071-Pontevedra.

a) Órgano de contratación: Comisión de Goberno.

b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación e Patrimonio.

2) Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: a subministración dun tractor desbrozadora con destino ós servicios operativos.

b) Lugar de entrega: Casa do Concello.

c) Prazo de entrega: o adxudicatario queda obrigado a efectua-la entrega da subministración no prazo de vinte días, contados desde a formalización do contrato.

3) Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4) Orzamento de licitación: 8.000.000 de pesetas, incluído todo xénero de gastos e IVE.

5) Garantías:

a) Provisional: 160.000 pesetas.

b) Definitiva: 320.000 pesetas.

6) Obtención de documentación e información:

a) Lugar: Unidade de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Praza de España, s/n. 36071-Pontevedra. Teléfono: (986) 80 43 00. Fax: (986) 80 01 02.

b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis días naturais desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7) Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: cláusula 9ª do prego.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra. De 9 a 13 horas.

d) Prazo no que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

8) Apertura das ofertas:

Pola mesa de contratación ás 8.30 horas do primeiro mércores seguinte hábil ó da terminación do prazo sinalado para a presentación de ofertas.

9) Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos:

a) Os de anuncios que rexe o procedemento e os seus actos preparatorios.

b) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato de subministración, incluído o IVE.

c) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal reguladora da taxa.

d) Os de transporte e entrega da subministración.

e) Os de matriculación do vehículo.

Pontevedra, 19 de xaneiro de 1998.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral