Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Xoves, 19 de febreiro de 1998 Páx. 1.773

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-280).

Por resolución desta Alcaldía nº 5.127/1997, con data do 28 de outubro do 1997, acordouse aprobar definitivamente o expediente denominado proxecto de urbanización da UE nº 7, en Aguieira-Dorneda (Oleiros). Contra este acordo, que lle pon fin á vía administrativa, poderá interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte a aquel no que reciba a presente notificación. De interpoñelo, advírteselle que o artigo 110.3 da lei require a comunicación previa ó organo que dictou o acto impugnado. Tamén poderá interpo-lo recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, polo que se aproba o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no apartado 2 do mesmo artigo 118. Todo isto sen prexuízo do dereito dos interesados a

formularen a solicitude e a instancia aque se refiren os artigos 102.1 e 105.2 da citada lei.

Oleiros, 21 de xaneiro de 1998.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-Presidenta