Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Xoves, 19 de febreiro de 1998 Páx. 1.769

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador C-97/97 e dous máis (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que o anexo se mencionan, a incoación do expediente sancionador, por infracción da Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia.

Que, así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a María Teresa Calvo García.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da citada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemneto administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, achegar documentos ou as probas que conveñan no seu dereito, advertíndolles que de non ejecutar alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9-8-1993).

Pontevedra, 27 de xaneiro de 1998.

José Luis Díez Yánez

Delegado Provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente: C-97/97.

Denunciado: José Ángel Lorenzo López

Último domicilio coñecido: Silvoso, s/n, Ponte-Caldelas.

Feito denunciado: transitar con cans sen exercer ningún control sobre eles, sen levar licencia de caza, o día 19 de outubro de 1997, termo municipal Ponte-Caldelas.

Precepto infrinxido: artigo 57.10º e 11º da Lei de caza de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 61 da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Sanción: 10.000 ptas.

-Expediente: C-120/97.

Denunciado: José Luis Davila Vázquez.

Último domicilio coñecido: Couto Piñeiro, 15-3º, Vigo.

Feito denunciado: transitar polo centro dunha pista de terra, de uso público para vehículos e persoas, coa escopeta cargada e montada, o día 30 de outubro de 1997, termo municipal A Cañiza.

Precepto infrinxido: artigo 57.35º en relación co artigo 25 da Lei de caza de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 61 da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Sanción: 20.000 ptas.

-Expediente: C-121/97.

Denunciado: Edelmiro Casalderrey Fernández.

Último domicilio coñecido: Zancade, 32, Meis.

Feito denunciado: cazar sen permiso no couto PO-10.107, o día 2 de novembro de 1997, termo municipal Meis.

Precepto infrinxido: artigo 58.27º da Lei de caza de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 61 da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Sanción: 100.001 ptas. e Inhab. para obte-la licencia de caza durante un ano e un día.