Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Xoves, 19 de febreiro de 1998 Páx. 1.769

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución dos expedientes sancionadores C-54/97 e C-62/97 (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles, ás persoas que no anexo se mencionan, a proposta de resolución por infracción á Lei 1/1970, do 4 de abril, de caza.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5ª planta, e presentar ante o instructor as alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 27 de xaneiro de 1998.

P.O.

Pilar Pita Ponte

Instructora

ANEXO

-Expediente: C-54/97.

Denunciado: Gonzalo Piñeiro Fernández.

Último domicilio coñecido: Barrio Portal, 20, Valadares, Vigo.

Feito denunciado: adestrar 14 cans en época de veda no couto PO-10.161, o día 23 de abril de 1997, termo municipal Gondomar.

Precepto infrinxido: artigo 48.2.25 da Lei 1/1970, de caza.

Precepto sancionador: artigo 48 da Lei 1/1970, de caza.

Sanción: 3.000 ptas.

-Expediente: C-62/97.

Denunciado: Jorge Comesaña Vila.

Último domicilio coñecido: Macal, 14, Castrelos, Vigo.

Feito denunciado: adestrar cans en época de veda, o día 22 de xuño de 1997, termo municipal Gondomar.

Precepto infrinxido: artigo 48.2.25 da Lei 1/1970, de caza.

Precepto sancionador: artigo 48 da Lei 1/1970, de caza.

Sanción: 3.000 ptas.