Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Xoves, 19 de febreiro de 1998 Páx. 1.754

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 4 de febreiro de 1998 pola que se resolve parcialmente a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Con

sellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura pola Orde do 16 de decembro de 1997 (DOG nº 3, do 7 de xaneiro de 1998 e corrección de erros do DOG nº 10 do 16-1-1998), esta consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, da función pública de Galicia, e os artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna,

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlles destino nos postos de traballo que se indican ós funcionarios que se expresan no anexo da presente orde.

Segundo.-O cesamento no actual destino dos funcionarios que obtiveron praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data na que debe cesar no seu destino, o funcionario desfruta dun período de licencia, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ó da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade

na que actualmente presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes, de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido nos artigos 14 e 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo (DOG nº 58, do 25 de marzo).

Terceiro.-A xefatura de persoal do centro no que cause baixa o funcionario, así como a daquel no que obteñan praza, efectuarán, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as dilixencias de cesamento e toma de posesión, respectivamente; acto seguido realizaranse os trámites necesarios para a súa alta na nómina.

Cuarta.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xusticia de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo de comunicarlle a esta consellería a vontade de interpoñelo, segundo o prevido no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 1998.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

ANEXO

Apelidos e nomeNº rexistro

persoal

GrupoPosto de traballoCódigo do postoNivelDependenciaLocalidade

Díaz Presedo, José Ricardo3229407746 A2060ASubdirector xeral de CoordinaciónPEC02000011577000130Secretaría xeralSantiago de Compostela

Rodríguez Rodríguez, Juan Manuel0208818513 A2060ASubdirector xeral de Marisqueo e AcuiculturaPEC03000011577000130D.X. de Recursos MariñosSantiago de Compostela

Rodríguez Carballo, Susana3495731035 A2097ABServicio de Marisqueo e ordenación de CaladoirosPEC03000011577000528D.X. de Recursos MariñosSantiago de Compostela

Gómez Somoza, José Ángel Jesús3320530724 A2088ABServicio de Flota e Sector ExtractivoPEC04000011577000628D.X. de Estructuras Pesqueiras e MercadosSantiago de Compostela

Ferández Cordeiro, Antonio3605353468 A2068ADirectorPEC99402023659000126Centro de Control da Calidade do Medio MariñoVilaxoán, Pontevedra

Cabirta Garrido, Manuel Adolfo3521157502 A2051ABServicio de Pesca e Industiras PesqueirasPEC99100003656004028D.T. de VigoVigo, Pontevedra