Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Xoves, 19 de febreiro de 1998 Páx. 1.739

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN conxunta do 29 de xaneiro de 1998, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, do Instituto Galego de Consumo, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, da Dirección Xeral de Saúde Pública, da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller e da Dirección Xeral da Xuventude, pola que se resolve a concesión dos premios á innovación educativa sobre os temas transversais convocados pola Resolución conxunta do 23 de abril de 1997.

A Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional, en colaboración coa Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, o Instituto Galego de Consumo, a Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, a Dirección Xeral de Saúde Pública, a Dirección Xeral de Xustiza e Administracióin Local, o Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller e a Dirección Xeral da Xuventude convocaron, por Resolución conxunta do 23 de abril de 1997, premios á innovación educativa sobre os temas transversais.

De conformidade co disposto no artigo 4º da devandita resolución conxunta, o día 4 de decembro de 1997 constituíuse a comisión encargada de ava

lia-los traballos presentados, composta polos seguintes membros:

Presidente: José Luis Mira Lema, director xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional.

Vicepresidente: Pedro Gómez Álvarez, subdirector xeral de Ordenación Educativa.

Vocais: Avelina Santiso Gil, en representación da Subdirección Xeral de Protección Ambiental; Esther Álvarez Fernández, en representación do Instituto Galego de Consumo; Jesús Morán Iglesias, en representación do Plan de Galicia sobre Drogas; José Antonio Taboada Rodríguez, en representación da Subdirección Xeral de Programas de Saúde Pública; Mª José Castro Carballal, en representación da Subdirección Xeral de Relacións coa Administración de Xustiza; Carmen Girón Daviña, secretaria xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller; Modesto Rouco Vilar, en representación da Subdirección Xeral da Xuventude; Isabel Serna Masiá, xefa do Servicio de Ordenación e Innovación Educativa.

Secretaria: Amparo Jiménez Díaz, membro do Servicio de Ordenación e Innovación Educativa.

A secretaria levantou acta da proposta de concesión de premios emitida pola comisión avaliadora na mesma data, para a súa aprobación e publicación no Diario Oficial de Galicia.

En consecuencia co anteriormente exposto, a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional, a Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, o Instituto Galego de Consumo, a Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, a Dirección Xeral de Saúde Pública, a Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, o Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller e a Dirección Xeral da Xuventude,

DISPOÑEMOS:

Primeiro.-Concede-los premios á innovación educativa sobre os temas transversais convocados por resolución conxunta do 23 de abril de 1997 ós traballos que se relacionan no anexo á presente resolución.

Segundo.-A presente resolución entrará en vigor a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 1998.

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente

José Luis Mira Lema

Director xeral de Ordenación Educativa

e de Formación Profesional

Jorge Rodríguez Vázquez-Molezún

Presidente do Instituto Galego de Consumo

Manuel A. Silva Romero

Secretario xeral da Consellería de Sanidade

e Servicios Sociais

Pilar Farjas Abadía

Directora xeral de Saúde Pública

José Antonio Álvarez Vidal

Director xeral de Xustiza e Administración Local

Ana Gallego Castro

Directora xeral do Servicio Galego de Promoción

da Igualdade do Home e da Muller

Mª José Bravo Bosch

Directora xeral da Xuventude

ANEXO

Premios á innovación educativa sobre os temas transversais

Tema I: educación ambiental (escola ecolóxica).

-Salvade a terra, nenos e nenas, do Colexio de Educación Infantil e Primaria Mestre Rivera Casas de San Cibrao.

-O clube ecolóxico Bolboreta, do Colexio de Educación Infantil e Primaria Barallobre de Ramo.

Tema II: a transversalidade na educación.

-Os temas transversais na educación infantil, da Escola de Educación Infantil Roi Xordo de Lugo.

-Plano de renovación metodolóxica: «Apoio á transversalidade», do Colexio de Educación Infantil e Primaria de Mosteiro-Bembivre.

Tema III: educación vial.

-Campaña de educación vial, do Colexio de Educación Infantil e Primaria dos Dices-Rois.

-La educación vial en el currículum de Educación Infantil y Primaria, do Colexio de Educación Infantil e Primaria Francisco VAles Villamarín de Betanzos.

Tema IV: educación para o consumo.

-Actividades de educación para o consumo, do Colexio de Educación Infantil e Primaria Santa María do Castro de Pesqueira-Cabo de Cruz.

-Exposiciones con etiquetas alimentarias, do Instituto de Bacharelato Sánchez Cantón de Pontevedra.

Tema V: prevención do consumo indebido de drogas.

-Prevención do consumo indebido de drogas, do Instituto de Educación Secundaria Macías O Namorado de Padrón.

-A prevención das drogodependencias no marco da EPS na Escola, do Colexio de Educación Infantil e Primaria Julio Gurriarán Canalejas do Barco de Valdeorras.

Tema VI: educación para a saúde (prevención do VIH/SIDA e ETS, promoción da vida sen tabaco e saúde bucodental).

-Escola e saúde. Un proxecto comunitario, do Colexio de Educación Infantil e Primaria Bergantiños de Carballo.

-Unha historia encadeada, do Instituto de Educación Secundaria de Cambre.

Tema VII: educación para a paz.

-Educación intercultural no ensino secundario, do Instituto de Educación Secundaria Pedra da Auga de Ponteareas.

-Educación para a paz, do Colexio de Educacion Especial Miño de Velle-Ourense.

Tema VIII: educación para a igualdade de ámbolos sexos.

-Educación para a igualdade de ámbolos sexos, do Colexio de Educación Infantil e Primaria Santa María do Castro de Pesqueira-Cabo de Cruz.

-Coeducación no IES Pedra da Auga, do Instituto de Educación Secundaria Pedra da Auga de Ponteareas.

Tema IX: educación para o lecer.

-Comunicación educativa: enred*ndote con nós, do Colexio de Educación Infantil e Primaria Menor Altamar de Vigo, do Instituto de Educación Secundaria e Profesional de Gondomar e do Instituto de Educación Secundaria Politécnico de Vigo.

-Xogando cos contos, do Colexio de Educación Infantil e Primaria de Portonovo.