Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Xoves, 19 de febreiro de 1998 Páx. 1.738

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 17 de febreiro de 1998 sobre delegación de atribucións no secretario xeral para as Relacións cos Medios Informativos.

Mediante Decreto 350/1997, do 10 de decembro, polo que se determinan os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, créase nestes, a Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos. Polo Decreto 13/1998, do 8 de xaneiro, establécese a estructura orgánica de dita secretería xeral, así como a súa dependencia funcional do presidente da Xunta de Galicia e orgánica da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

A necesidade de axilizar no posible todos aqueles asuntos que non esixan unha atención directa e persoal do consellerio da Presidencia e Administración Pública, aconsella que este delegue no secretario xeral para as Relacións cos Medios Informativos determinadas funcións, co que se conseguirá unhamaior desconcentración, o que sen dúbida repercutirá beneficiosamente na axilidade do funcionamento da Administración autonómica.

Na súa virtude, facendo uso das facultades que me confiren os artigos 38, 43.3º e 44 da Lei 11/1988, do 20 de outubro, de reforma da Lei 11/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, e o disposto no artigo 72.4º da Lei 11/1992, do 7 de abril, de réxime financeiro e presupostario de Galicia e demais disposicións de aplicación xeral,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Delégase no secretario xeral para as Relacións cos Medios Informativos as seguintes atribucións:

a) A autorización e disposición dos gastos dos servicios contidos no programa 361.A e o recoñecemento das obrigas e a proposta de pagamento relativas a elas, excepto respecto dos gastos contidos no capítulo I.

b) As funcións que como órgano de contratación lle estean atribuídas ó titular da consellería incluídos os convenios de colaboración e cooperación, en temas relacionados coas relacións cos medios informativos nos que as partidas orzamentarias estean recollidas dentro do programa 361.A.

Artigo 2º

As resolucións administrativas que se adopten facendo uso das delegacións contidas nesta orde farán constar expresamente esta circunstancia e considéranse dictadas pola autoridade que as conferiu.

Artigo 3º

O conselleiro da Presidencia e Administración Pública poderá reclamar en claquera momento o exercicio das competencias delegadas por esta orde, das que quedan excluídas en todo caso os supostos previstos nos artigos 13.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e 44.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente.

Artigo 4º

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública