Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Mércores, 18 de febreiro de 1998 Páx. 1.730

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 1998, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública, para os efectos previstos no artigo 25.3º da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, a declaración como de incidencia supramunicipal do plan sectorial de infraestructuras para a ecoplanta de Vilaboa.

Unha vez que o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 29 de xaneiro de 1998 acordou declara-lo plan sectorial de infraestructuras para a ecoplanta de Vilaboa e os proxectos sectoriais que o desenvolven: proxecto de ecoplanta de Vilaboa; proxecto de desviación da liña férrea Redondela-Santiago de Compostela ós puntos quilométricos 13/400 o 14/275 para o aparcamento de Figueirido; proxecto de anexos ó parque empresarial de Bértola; proxecto de conexión ós servicios externos para o parque empresarial de Bértola; como de incidencia supramunicipal para os efectos previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorial de Galicia, e téndose determinado que a súa tramitación e impulso corresponde á Consellería de Medio Ambiente, procede somete-los referidos plans e proxectos ó trámite de información pública, segundo dispón o artigo 25.3º da referida lei, e na súa virtude,

RESOLVO:

1. Someter a información pública o plan sectorial de infraestructuras para a ecoplanta de Vilaboa e os plans sectoriais de: proxecto de ecoplanta de Vilaboa; proxecto de desviación da liña férrea Redondela-Santiago de Compostela ós puntos quilométricos 13/400 e 14/275 para o aparcamento de Figueirido; proxecto de anexos ó parque empresarial de Bértola; proxecto de conexión ós servicios externos para o parque empresarial de Bértola, durante o prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia para os efectos de que calquera persoa poida examinalo e presenta-las alegacións que considere oportunas dentro do citado prazo.

2. Un exemplar do plan e dos proxectos sectoriais estará a disposición dos cidadáns, durante o horario de atención ó público, nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental: rúa dos Feáns, 1-3, Santiago de Compostela.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Pontevedra.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 1998.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental