Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Mércores, 18 de febreiro de 1998 Páx. 1.729

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 1998, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o proxecto de ecoplanta de Vilaboa.

O proxecto de ecoplanta de Vilaboa esixe, de conformidade co artigo 25 da Lei 10/1997, do 22 de agosto, de residuos sólidos urbanos de Galicia, o estudio de efectos ambientais, que se efectuará ó abeiro do previsto no Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de efectos ambientais para Galicia, que, pola súa vez, dispón o sometemento do referido estudio ó trámite de información pública. Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro.-Someter á información pública, durante o período de quince días hábiles contados a partir da publicación da presente resolución, o estudio de efectos ambientais do proxecto da ecoplanta de Vilaboa, promovido pola Consellería de Medio Ambiente.

Segundo.-Un exemplar do plan estará á disposición dos administrados, os referidos efectos informativos, nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente de Pontevedra.

-Concello de Vilaboa.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 1998.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental