Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Martes, 17 de febreiro de 1998 Páx. 1.650

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 1998, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se anuncia a contratación polo procedemento aberto, mediante concurso público, da subministración de material de incontinencia. (C.P. 1/1998).

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no apartado i) do artigo 7 da Orde de 22 de maio de 1996 (Diario Oficial de Galicia nº 111, do 6 de xuño), convoca expediente de contratación polo procedemento aberto, mediante concurso público, da subministración de material de incontinencia.

I. Obxecto e orzamento.

A subministración de material de incontinencia, por un orzamento máximo de doce millóns seiscentas cincuenta mil pesetas (12.650.000 ptas.) IVE incluído.

II. Prazo de entrega.

O material obxecto do presente concurso público deberá ser entregado en función da subministración que será establecida por este centro.

III. Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poder ser solicitada no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, rúa Doutor Severo Ocho s/n. Tfno. (982) 29 65 52 e fax (982) 21 29 24.

IV. Fianzas.

Deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación, por un importe de duascentas cincuenta e tres mil pesetas (253.000) ptas., e unha fianza definitiva do 4% do orzamento. As devanditas fianzas constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37 da Lei 13/1995, de 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

V. Solvencia económica e financeira.

Acreditarase pou un ou varios dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 13/1995, de 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

VI. Solvencia técnica.

Acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 18 da Lei 13/1995 de 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

VII. Clasificación.

Non se precisa.

VIII. Criterios de adxudicación.

-Valoración técnica, ata 5 puntos.

-Prezo, ata 4 puntos.

-Prazo de entrega, ata 2 puntos.

IX. Adminisión de variantes.

Non se admiten variantes.

X. Presentación de proposicións.

As proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Complexo Hospitalario Xeral-Calde antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xutifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó Complexo Hospitalario Xeral-Calde a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día.

XI. Apertura de proposicións.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na Sala de Xuntas do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

XII. Documentación que deberán achega-los licitadores.

Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

XIII. Anuncios.

Os anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

Lugo, 20 de xaneiro de 1998.

Luis E. Vicente Sánchez

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xera-Calde de Lugo