Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Martes, 17 de febreiro de 1998 Páx. 1.640

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/258-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: desvío liñas eléctricas en acceso a Cotogrande.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T. ó centro de seccionamento Peinador, será subterránea de 750 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V e L.M.T. ó C.T. de Cotogrande, subterránea, de 200 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio D-27 da liña S.D.M. 7.13 ata o apoio D-112 da liña A.T.I. 7.23 e A.T. 7.24 e desde o centro de seccionamento de Peinador ata o apoio do pase aéreo-subterráneo da L.M.T. ó C.T. Cotogrande. O centro de seccionamento levará conductor tipo R.H.V. de 5 m de lonxitude. R.B.T. subterránea de 466 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 12 de xaneiro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra