Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Martes, 17 de febreiro de 1998 Páx. 1.631

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (58/1994, acumulado 232/1997).

Eu, Matías Recio Juárez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo e o seu partido, fago saber que neste xulgado do meu cargo se segue declarativo menor contía número 58/1994, acumulado nº 232/1997, por instancia o segundo de Mª del Carmen Rodríguez Caamaño, representada pola procuradora Buño Vázquez, sobre cancelación de inscricións rexistrais e outros extremos, téndose dictado neste providencia desta data, acordándose empraza-los demandados, persoas descoñecidas e incertas que teñan interese en causa, para que no improrrogable prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte a aquel en que o sexa, comparezan nos referidos autos, en forma, se o cresen oportuno, apercibíndoos que de non o faceren serán declarados en rebeldía, e dándose por precluído o trámite de contestación á demanda seguirá o xuízo o seu curso. Notificarase na sede deste xulgado a providencia en que iso así se acorde e as demais que se dicten.

E para que lles sirva de emprazamento ós demandados, persoas descoñecidas e incertas que teñan interese en causa e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, así como a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado, expídese o presente edicto en Carballo o vinte de xaneiro de mil novecentos noventa e oito.

O xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado