Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Luns, 16 de febreiro de 1998 Páx. 1.610

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

MINISTERIO DE FOMENTO

ANUNCIO de información pública sobre expediente de expropiación forzosa motivado polas obras Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., dun ramal ferroviario á central térmica de Meirama, no termo municipal de Cerceda.

Co fin de soluciona-lo problema de transporte de carbón entre o porto da Coruña, peirao do centenario, e a central térmica de Meirama e de acordo co disposto no artigo 274.1º, do Real decreto 1211, do 28 de setembro de 1990, Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. asinou con Renfe o 17 de xaneiro de 1996 un

protocolo polo cal esta última realizaría o mencionado transporte de carbón por ferrocarril e Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. construiría a infraestructura ferroviaria necesaria. Aprobado e informado publicamente o correspondente proxecto constructivo denominado ramal ferroviario desde o p.q. 424,079 da liña de ferrocarril Zamora á Coruña, á central térmica de Meirama, pola Dirección Xeral de Ferrocarrís e Transporte por Estrada do Ministerio de Fomento. Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. solicita a incoación do correspondente expediente expropiatorio para dispoñer dos terreos necesarios para a execución das obras, como consecuencia do proxecto anteriormente indicado: ramal ferroviario á central térmica de Meirama, no termo municipal de Cerceda (A Coruña).

As devanditas obras están incluídas na normativa da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, sendo de aplicación a elas o seu artigo 153. Así mesmo, as obras encóntranse amparadas polo establecido nos artigos 228, 233 e 236.2º do Regulamento da Lei de ordenación dos transportes terrestres do 28 de setembro de 1990. Velaquí a razón da aplicación dos preceptos contidos no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e concordantes do Regulamento do 26 de abril de 1957.

Na súa virtude, e para os efectos sinalados no título II, capítulo II, da vixente Lei de expropiación forzosa e nos concordantes do Regulamento e emitido informe favorable pola Avogacía do Estado do Ministerio de Fomento,

Este departamento ministerial resolveu abrir información pública durante un prazo de quince (15) días hábiles contados desde a data de publicación no Boletín Oficial del Estado, na forma disposta no artigo 17, parágrafo primeiro do Regulamento do 26 de abril de 1957, para que os propietarios que figuran na relación adxunta e tódalas demais persoas ou entidades que se estimen afectadas pola execución das obras poidan formular por escrito perante este departamento as alegacións que coiden oportunas, de acordo co previsto na Lei de expropiación forzosa e no artigo 56 do regulamento para a súa aplicación.

Así mesmo, resolvín fixa-los días e horas que a seguir se detallan, para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos necesarios para as obras, situados no termo municipal de Cerceda (A Coruña).

Os ditos trámites serán iniciados no Concello de Cerceda, onde estará a disposición dos propietarios afectados o plano parcelario xeral da expropiación; os interesados deberán comparecer cos documentos que acrediten a súa personalidade e a titularidade dos bens e dereitos afectados.

Madrid, 16 de xaneiro de 1998.

(O.M.14-1-1997 BOE do 16-1-1997)

P.D.

Luis Padial Martín

Subdirector xeral de Administración

e Xestión Financeira

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA

VÉNDESE:

NA CORUÑA:EN PONTEVEDRA:

Na librería Arenas, Cantón Grande, 21En Luís Paredes Rey, rúa Benito Corbal, 1.

Na librería Inoa, Federico Tapia, 55.Na librería Gonzalo Rey, rúa Benito Corbal, 29.

EN FERROL:

Na librería Central Librera, rúa Dolores, 2 e 4.EN SANTIAGO DE COMPOSTELA:

Na librería Egea, rúa Sol, 74.Nos edificios administrativos de San Caetano,

edificio central, planta baixa, rexistro xeral.

EN LUGO:Na librería Toral, Cantón do Toural, 7.

Na librería Souto, praza de España, 14.Na papelería Xaquín, Rúa Nova de Abaixo, 10.

EN OURENSE:

En Aníbal e Hijos, S.L., Avda. da Habana, 65.EN VIGO:

No quiosco «La Viuda», rúa Lamas Carvajal, 46.En Librería Colón, rúa Colón, 22.