Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Luns, 16 de febreiro de 1998 Páx. 1.596

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 1998 pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos contratos administrativos que se citan.

O presidente do Organismo Autónomo Augas de Galicia, en virtude das facultades que lle confire a Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da administración hidráulica de Galicia, publicada no Diario Oficial de Galicia do 2 de xullo de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

-E.T.A.P. de Laxe (A Coruña).

Adxudicatario: Abeconsa, S.A.

Orzamento: 36.575.952 ptas.

-Rede primaria de sumidoiros a Caleiro e San Miguel (Vilanova de Arousa-Pontevedra).

Adxudicatario: Construcciones Taboada y Ramos, S.L.

Orzamento: 224.987.629 ptas.

-Saneamento do río Mesoiro (A Coruña).

Adxudicatario: C.I.M.S.A.

Orzamento: 140.267.429 ptas.

-Recuperación marxes río Arteixo, treito: travesía de Arteixo-avenida Fisterra (Arteixo-A Coruña).

Adxudicatario: Ferrovial, S.A.

Orzamento: 252.464.252 ptas.

-Abastecemento de auga a núcleos da periferia de Lalín-primeira fese (Lalín-Pontevedra).

Adxudicatario: CRC Obras y Servicios, S.L.

Orzamento: 99.937.344 ptas.

-Abastecemento e saneamento na praza maior, rúa Fernández Losada e travesía de San Roque (Celanova-Ourense).

Adxudicatario: Proyecón Galicia, S.A.

Orzamento: 47.385.000 ptas.

-Abastecemento de auga a Verín (Ourense).

Adxudicatario: Construcciones Noceda, S.L.

Orzamento: 31.527.000 ptas.

-Colectores xerais e E.D.A.R. de Paradela (Lugo).

Adxudicatario: Cotragua, S.L.

Orzamento: 62.591.527 ptas.

-Asistencia técnica direccion de obras e control na demarcación das concas intercomunitarias de Lugo.

Adxudicatario: Estudios del Noroeste, S.A.

Orzamento: 18.000.000 de ptas.

-Asistencia técnica para o estudio e planificación do do sistema de saneamento da Coruña.

Adxudicatario: (UTE) Tranor, S.L. e Ikaur, S.L.

Orzamento: 120.635.910 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase e advírtese que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa,

é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora de xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e 119 do regulamento.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 1998.

Emilio García Gallego

Presidente do organismo autónomo Augas

de Galicia