Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Luns, 16 de febreiro de 1998 Páx. 1.593

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se fai pública a convocatoria de poxa para o alleamento das madeiras que se citan.

Por esta resolución, convócase a poxa para o alleamento de madeiras dos lotes que se citan no anexo, de acordo co disposto nas ordes da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 8 de xullo de 1989 (DOG do 21 de xullo) e do 15 de marzo de 1990 (DOG do 23 de marzo).

A celebración da poxa terá lugar no edificio administrativo da Xunta de Galicia, sito na Ronda da Muralla, nº 70 de Lugo.

Para esta poxa rexerán as ordes antes citadas e mailos pregos de condicións técnico-administrativas xerais e particulares destas que figuran no expediente correspondente no Servicio de Montes e Industrias Forestais de Lugo, sito na rúa Ronda da Muralla, nº 70 desa cidade, onde poderán ser examinados polos interesados a partir do día da publicación no DOG da presente resolución.

As ofertas poderanse presentar -durante os vinteseis días naturais seguintes ó da publicación no DOG da presente resolución- no rexistro da Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente

ou en calquera das formas legalmente establecidas.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, que se reunirá ás once horas do noveno día hábil, que non cadre en sábado, contados a partir do termo do prazo de presentación das ofertas.

Cada licitador presentará dous sobres pechados para cada oferta. O sobre A, coa documentación administrativa, e o sobre B, coa oferta económica.

O sobre A, que contén a documentación administrativa, poderá ser único para tódalas poxas que se celebran ante a mesa e na mesma sesión.

Deberá conte-la seguinte documentación:

1. Acreditación da personalidade xurídica do empresario e, se é o caso, a súa representación.

2. Os resgardos acreditativos de que están constituídas as fianzas provisionais, 2% do prezo de taxación, de acordo co disposto no artigo 36 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

3. Declaración responsable de non estar incursa en prohibición de contratar, consonte os artigos 15 a 20 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

4. Os que acrediten a cualificación empresarial do licitador.

5. Os que acrediten encontrarse ó día do cumprimento das obrigacións tributarias e da Seguridade Social impostas nas disposicións vixentes.

O sobre B recollerá a proposición económica e presentarase no modelo normalizado que se encontra á disposición dos interesados no Servicio de Montes e Industrias Forestais de Lugo. Cada un dos lotes deberá figurar nun sobre B individual.

O adxudicatario constituirá a fianza definitiva do 4% do prezo de adxudicación dentro dos vinte días seguintes ó da data na que regulamentariamente se lle comunique que a adxudicación é definitiva.

Dentro dese mesmo prazo deberá aboar:

1. O importe total do remate, ou o importe do primeiro prazo, segundo se indique no prego de condicións particulares de cada poxa.

2. O importe das taxas.

3. Os gastos proporcionais deste anuncio.

4. Os demais que se establezan nos pregos particulares de aproveitamento.

O adxudicatario deberá aboar, ademais das cantidades expresadas no anuncio, un 4% sobre o importe da adxudicación en concepto de IVE.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 1998.

P.D. (Orde 12-1-1998, DOG nº 9 do 15)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente