Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Luns, 16 de febreiro de 1998 Páx. 1.581

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 1998 pola que se convoca o levantamento das actas previas á ocupación de predios afectados polo proxecto de rede de distribución de gas natural para usos industriais en Santiago de Compostela, addenda II (tramo II).

Por resolución da Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio, do 16 de xaneiro de 1998, foi aprobado o proxecto de execución e autorizada a instalación do proxecto rede de distribución de gas natural para usos industriais en Santiago de Compostela, addenda II (tramo II). Declarada de utilidade pública e a urxente ocupación de conformidade co disposto no artigo 10 da Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos, procede a iniciación do procedemento expropiatorio.

Na súa virtude, esta delegación provincial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan nas casas dos concellos onde están localizados os predios afectados, como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que establece o citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas

á ocupación e, se procede, o das de ocupación definitiva.

Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da sús titularidade e o último recibo da contribución, podéndose acompañar dos seus peritos e un notario, se o estiman oportuno, cos gastos pola súa conta.

Os levantamentos terán lugar os vindeiros días 2, 3, 4 e 5 de marzo en Santiago de Compostela.

Desta convocatoria daráselle traslado a cada interesado mediante a oportuna cédula de citación individual, significándose que esta publicación se realiza, igualmente, para os efectos que determina o artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos casos de titular descoñecido, segundo se relaciona no anexo.

No expediente expropiatorio Enagás, S.A., asumirá a condición de benficiaria.

A Coruña, 5 de febreiro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña