Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Luns, 16 de febreiro de 1998 Páx. 1.580

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/164-1).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: ampliación módulo liña 66 kV en subestación Vimianzo.

Situación: lugar de Brives. Vimianzo.

Descricións técnicas: proxecto de ampliación dun módulo de liña a 66 kV na subestación de Viminazo, consistente en pórtico metálico de amarre e conductor tipo Cóndor de 455 mm Al-AC. Aparellos eléctricos interruptor en 3 F6 a 72,5 kV e 2000 A, seccionador trifásico con posta a terra a 72,5 kV, trafos de tensión e intensidade. Mecanismos de control, mando, sinalización e medida.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 28 de xaneiro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña