Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Venres, 13 de febreiro de 1998 Páx. 1.532

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN HOSPITAL COMARCAL VIRXE DA XUNQUEIRA

ACORDO do 21 de xaneiro de 1998 polo que se anuncia a convocatoria das probas de selección de persoal.

En uso das atribucións establecidas no artigo 3 da Lei 10/1996, do 5 de novembro (DOG nº 227, do 20 de novembro) e no artigo 11º.G dos estatutos da fundación (Decreto 229/1997, do 25 de agosto; DOG 165, do 28 de agosto), o Padroado da Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira acordou a aprobación do cadro de persoal do seu centro, así como a convocatoria das correspondentes probas de selección de persoal do seu centro, con respecto ós principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade, segundo determina o artigo 2 da devandita lei.

Na súa virtude, a dirección da fundación fai pública a convocatoria de selección do seu persoal, de acordo coas seguintes bases:

-Posto de traballo: coordinadora de enfermería.

Titulación: ATS/DUE.

Nº de prazas: 1.

-Posto de traballo: informático.

Titulación: estudios medios ou superiores.

Nº de prazas: 1.

-Posto de traballo: responsable de administración.

Titulación: licenciado en ciencias económicas ou empresariais.

Nª de prazas: 1.

Titulación/requisitos:

1. Coordinadora de enfermería (Ref. Sup.).

Requisitos:

*ATS/DUE.

*Experiencia en hospitais de máis de 3 anos en diversas áreas (hospitalización, quirófanos, Rx, consultas externas, urxencias...).

*Formación en temas de xestión.

*Ofimática a nivel de usuario.

2. Informático (Ref. Inf.).

Requisitos:

*Estudios medios ou superiores.

*Coñecementos e experiencia en Windows NT, Unix, redes de ordenadores, protocolo de comunicacións.

*Experiencias en contornos sanitarios.

3. Responsable de administración (Ref. Adm.).

Requisitos:

*Licenciado en CC. económicas ou empresariais.

*Experiencia en temas de administración, fiscais, facturación, IVE, compras, de polo menos 3 anos en Administración pública ou empresa pública ou privada.

*Afeito a traballar con ferramentas ofimáticas (contorno Windows, Excel, Word, Access).

*Valorarase a experiencia no contorno hospitalario.

Tipo de contrato: a contratación do persoal que resulte seleccionado someterase ó disposto no Real decreto lei 8/1997, do 16 de maio, en materia de fomento da contratación indefinida e tamén ó disposto no artigo 15.1º do Estatuto dos traballadores.

Procedemento de selección: consistirá, para tódolos postos, na valoración dos méritos, segundo o baremo que se estableza, relativos á formación e á experiencia.

Articularase, por un lado, a través da baremación do currículum vitae e, por outro, coa realización dunha entrevista a cada un dos aspirantes, cunha ponderación da valoración global do 45% e 55% respectivamente.

Puntuación final e aspirantes seleccionados: coa suma das puntuacións outorgadas nos dous apartados anteriores, currículum vitae e entrevista, confeccionarase o listado final por orde de puntuación acadada por cada aspirante, resultando definitivamente seleccionados igual número de aspirantes có de prazas convocadas en cada categoría. Se se considera que os candidatos nalgunha das prazas non reúnen os requisitos mínimos, declararase deserta a convocatoria.

Inicio das probas: as probas non se realizarán antes dun mes, desde que se publique esta convocatoria, de acordo co disposto no artigo 4 da Lei 10/1996, do 5 de novembro.

Solicitude de participación: deberase enviar un currículum vitae detallado (xustificando documentalmente os méritos alegados) ó apartado de correos nº 2341 da Coruña, no prazo improrrogable de 20 días naturais, contados desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, indicando no sobre a referencia correspondente.

Teléfono de información: (981) 70 60 10.

Cee, 21 de xaneiro de 1998.

José Rey Aneiros

Director da Fundación Pública Comarcal Hospital

Virxe da Xunqueira