Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Venres, 13 de febreiro de 1998 Páx. 1.530

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto para a contratación da asistencia á deputación do control de calidade para a construcción das piscinas incluídas no plan de áreas de ocio e piscinas descubertas 1996-1998, 2ª fase.

1. Obxecto: o concurso ten por obxecto a contratación da asistencia á deputación para o control

de calidade da construcción das piscinas incluídas no plan de áreas de ocio e piscinas descubertas 1996-1998, 2ª fase.

2. Orzamento máximo: 3.273.035 ptas.

3. Prazo de execución: 7 meses.

4. Clasificación: non se esixe.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Información: Sección de Patrimonio e Contratación.

7. Proposicións: poderán presentar na Sección de Patrimonio e Contratación en horas de 9 a 13 dentro do prazo dos trece días naturais contados desde a derradeira publicación do presente anuncio no BOP ou DOG.

8. Gastos de anuncios: os gastos do presente anuncio serán por conta do adxudicatario.

9. Exposición do prego: o presente prego queda exposto ó público na Sección de Patrimonio e Contratación durante o prazo de 8 días para os efectos previstos no artigo 122 do Decreto lexislativo 781/1986.

A Coruña, 5 de febreiro de 1998.

Augusto César Lendoiro

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

Hipólito Blanco Malvárez

Secretario Acctal. da Deputación Provincial da Coruña