Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Venres, 13 de febreiro de 1998 Páx. 1.529

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO de licitación de obra.

1. Entidade adxudicadora.

a) Concello do Porriño; Negociado Contratación.

b) Expediente III-28/97.

2. Obxecto do contrato.

a) Firme e acondicionamento do C.V. Lagoíña-Mosteiro, parroquia de Budiño.

b) Prazo de execución: 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Orzamento base de licitación: importe 5.400.000 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: o 2% do orzamento do contrato base da licitación na forma prevista no prego de cláusulas administrativas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello do Porriño (Pontevedra).

b) Domicilio: rúa Antonio Palacios, 1, C.P. 36400.

c) Teléfono: 33 13 01; fax: 33 58 50.

e) Data límite de obtención de documentación e informe: o día anterior a finaliza-lo prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os previstos no prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación das ofertas.

a) Prazo de presentación: trece días naturais, contados desde o seguinte ó da data de publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a especifica na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello do Porriño, das 9 ás 13 horas os días hábiles.

9. Apertura de ofertas.

Salón de actos do concello ás 13 horas do terceiro día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo sinalado no apartado anterior.

10. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

O Porriño, 21 de xaneiro de 1998.

José Manuel Barros González

Alcalde