Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Venres, 13 de febreiro de 1998 Páx. 1.495

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

DECRETO 46/1998, do 30 de xaneiro, polo que se declara a delimitación do contorno de protección da igrexa de Santa María de Penamaior, no concello de Becerreá, provincia de Lugo.

Por Real decreto 2723/1982, do 27 de agosto (Boletín Oficial del Estado do 2 de novembro), foi declarado ben de interese cultural, con categoría de monumento histórico artístico, a igrexa de Santa María de Penamaior, no concello de Becerreá, provincia de Lugo.

Sendo a devandita declaración anterior á entrada en vigor da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español, (Boletín Oficial del Estado do 29 de xuño) e da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, (Diario Oficial de Galicia do 8 de novembro), cómpre na actualidade concreta-la delimitación de seu contorno de protección.

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, por Resolución do 14 de xuño de 1997 (Diario Oficial de Galicia do 10 de xullo), incou expediente para declaración da delimitación do contorno da igrexa de Santa María de Penamaior, no concello de Becerreá, provincia de Lugo.

A tramitación do mencionado expediente levouse a cabo segundo o establecido na Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, e demais disposicións vixentes.

Tendo en conta o disposto no artigo 12 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta de xaneiro de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Primeiro.-Declara-la delimitación do contorno de protección da igrexa de Santa María de Penamaior,

no concello de Becerreá, provincia de Lugo, segundo o disposto no artigo 11 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Segundo.-A zona afectada pola declaración é a comprendida na delimitación do anexo I, en o plano do anexo II.

Terceiro.-O presente decreto será notificado ó Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural do Estado, ó Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia, ó concello e ós interesados.

Cuarto.-O presente decreto será publicado no Diario Oficial de Galicia, e no Boletín Oficial del Estado.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trinta de xaneiro de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo

ANEXO I

Comenza a liña no punto nº 1 situado no eixe do camiño que desde a nacional VI se dirixe a Penamaior. Desde aquí a liña coincide cos lindeiros norte das parcelas catastrais 384, 385 e 386 ata o punto nº 2 situado no vértice O da parcela 386. Desde aquí a liña coincide con parte do lindeiro O da parcela catastral 400 ata o punto nº 3 onde fai unha quebra para bordea-la parcela catastral 387 polos seus lindes N e O, e a parcela 388 polo seu linde O ata o punto nº 4.

Desde este punto 4 a liña continúa polo lindeiro S das parcelas catastrais 390 e 394 ata o punto 5 situado no vértice O da parcela 363 onde se produce unha quebra para rodear esta última parcela polos lindes oeste e sur ata o punto nº 6 situado no ángulo formado polos lindes N e O da parcela catastral 929-a.

Desde este punto 6 a liña bordea os lindeiros O das parcelas 292-a e 290 ata o punto 7 onde se produce unha quebra para bordea-lo lindeiro S da parcela 290 ata o punto nº 8 situado no eixe do camiño que vai desde Penamaior ata Linares.

Desde este punto a liña continúa polos lindeiros SO e SE da parcela 150 e o lindeiro SE da 149-a ata o punto nº 9. Desde este punto 9 a liña continúa bordeando o lindeiro NE da parcela 149-a ata o punto 10, onde se produce unha quebra para bor

dea-los lindeiros SE das parcelas 146-b e 146-a ata o punto nº 11 situado no eixe do camiño antigo que se dirixe a Penamaior.

Desde este punto 11 a liña coincide co eixe deste camiño en dirección a Penamaior ata o punto 12 situado no cruzamento co camiño que desde Penamaior se dirixe a Touzón, ata o punto 13 onde se produce unha quebra para bordea-los lindes E das parcelas 30 e 42 e a parcela 31 ata o punto nº 14. Desde este punto a liña coincide cos lindeiros E das parcelas catastrais 70-c, 61, 60 e 58 ata o punto nº 15 onde se produce unha quebra para continuar bordeando os lindeiros E das parcelas catastrais 57 e 56 ata o punto 16.

Desde este punto 6 a liña coincide co lindeiro N da parcela catastral 56 para chegar ó punto 1 onde se pecha o ámbito da delimitación.

ANEXO II

Delimitación do contorno da igrexa de Santa María de Penamaior. Becerreá-Lugo.