Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Xoves, 12 de febreiro de 1998 Páx. 1.425

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, en sesión celebrada o día 27 de xaneiro de 1998, aprobou con carácter inicial unha modificación puntual do PXOU vixente redactada polo arquitecto municipal que ten por obxecto a eliminación de parte dunha vía recollida nel sobre

solo urbano industrial, ordenanza 8, no lugar de Almeiras.

O documento inicialmente aprobado sométese á información pública polo prazo dun mes, contado desde a derradeira publicación deste anuncio (DOG ou xornal), durante o que poderán formularse as alegacións que se coiden pertinentes.

Culleredo, 30 de xaneiro de 1998.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde