Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Mércores, 11 de febreiro de 1998 Páx. 1.364

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación do expediente sancionador de incendios forestais IF 162/97 devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, que con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu regulamento aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro (BOE 13/02/1973), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructor deste procedemento a Fernando Rengifo Méndez-Núñez, funcionario desta delegación; podendo ser recusado en calquera momento do expediente de concorre-los supostos legais.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2 do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O pagamento voluntario poralle fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, edificio administrativo da Xunta de Galicia-Ronda da Muralla, nº 70.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Lugo, 12 de decembro de 1997.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

-Expediente nº: IF 162/97.

Denunciado: Antonio Mourelle López.

DNI. 34.249.563.

Último enderezo coñecido: Sobrecedo, nº4-Taboada (Lugo).

Feitos imputados: abandonar un vehículo próximo ó monte, marca Renault 4, matrícula PO-3374-M; estando prohibido botar lixo, restos industriais ou de calquera clase que supoña perigo de incendio forestal.

Precepto sancionador: artigo 136.j) 137.e) do Regulamento de incendios.

Cualificación: grave.

Sanción: 12.000 ptas.