Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Mércores, 11 de febreiro de 1998 Páx. 1.363

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da resolución dos expedientes sancionadores IF 43/97 e catro máis devoltos polo servicio de correos (incendios Lugo).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a resolución do expediente, por infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu Regulamento do 23 de decembro.

O importe da sanción farase efectivo a través dos impresos normalizados que lles serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo; edificio administrativo da Xunta de Galicia, ronda da Muralla, 70 no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte día da presente publicación conforme o Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante, de acordo co artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución e no prazo dun mes poderase interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia.

Lugo, 11 de decembro de 1997.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado Provincial de Lugo

ANEXO

-Expediente nº: IF-43/97.

Denunciado: Alberto Arias Souto (DNI 33.311.287-L)

Enderezo: r/ Nogueira, 36-B Lugo.

Feito denunciado: depositar entre mato e monte baixo un vehículo, modelo R-12, matrícula C-5820-A, en aparente estado de abandono, sendo un posible foco de iniciación de incendio forestal. Precepto infrinxido: artigo 136 j), 137 b) do Regulamento de incendios.

Cualificación infracción: grave.

Sanción: 12.000 ptas. de multa.

-Expediente nº: IF70/97.

Denunciado: Alejandro Fernández Lodeiro (DNI 33.772.132).

Enderezo: As Areas-A Mota-Guntín-Lugo.

Feito denunciado: depositar un vehículo en zona forestal, marca Sava matrícula LU-6755-A, estando prohibido acumular lixo en zonas forestais, sen autorización.

Precepto infrinxido: artigo 136 j) 137 e) do Regulamento de incendios.

Cualificación infracción: grave.

Sanción : 12.000 ptas. multa.

-Expediente nº: IF 72/97.

Denunciado: José Antonio Rábade Rodríguez.

Enderezo: r/ Ronda do Carme, nº 70-Lugo.

Feito denunciado: depositar un vehículo en zona forestal, marca Seat 600 matrícula LU-27006, estando prohibido acumular lixo en zonas forestais, sen autorización.

Precepto infrinxido: artigo 136 j), 137 e) do Regulamento de incendios.

Cualificación infracción: grave.

Sanción: 12.000 ptas. de multa.

-Expediente nº 78/97.

Denunciado: Pascual López Díaz (DNI 76.550.905).

Enderezo: Mosteiro, nº6, Cervantes, Lugo.

Feito denunciado: depositar un vehículo entre o mato, marca Seat 1500 matrícula B-463628, podendo supoñer perigo de incendio forestal, e estando prohibido acumular lixo en zonas forestais, sen autorización.

Precepto infrinxido: artigo 136 j), 137 e) do regulamento de incendios.

Cualificación infracción: grave.

Sanción: 12.000 ptas. de multa.

-Expediente nº: 98/97

Denunciado: Jesús Rey Pena (DNI 76.353.979).

Enderezo: Santabaia, s/n. Vilalba, Lugo.

Feito denunciado: depositar un vehículo en zona forestal, marca Seat 1200 Sport matrícula LU-7944-C, rodeado de mato e próximo ó arboredo; estando prohibido acumular lixo en zonas forestais, sen autorización.

Precepto infrinxido: artigo 136 j) 137 e) do Regulamento de incendios.

Cualificación infracción: grave.

Sanción: 12.000 ptas. de multa.