Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Mércores, 11 de febreiro de 1998 Páx. 1.361

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da resolución en expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación persoal.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións de espectáculos públicos desta delegación provincial número 0201021083 da Caixa Pontevedra O.P. de Vigo, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel en que esta resolución sexa firme. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados, que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita na r/ Gagos de Mendoza, 2-2º, Pontevedra.

Transcorrido o citado prazo cobrarase pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario ante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que se presente, a resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Pontevedra, 16 de xaneiro de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: 143/97.

Denunciado: Silvio González Estévez.

Enderezo: r/Sanguiñeda-Cruzamento Costilleta, s/n.

Establecemento: Bikers.

Precepto infrinxido: Art. 26 c) da Lei 1/1992.

Precepto sancionado: Art. 28 da Lei 1/1992.

Sanción: 40.000 ptas.

Nº de expediente: 730/97.

Denunciado: Silvio González Estévez.

Enderezo: Sanguiñeda 202.

Establecemento: Bikers.

Precepto infrinxido: Art. 26 c) da Lei 1/1992.

Precepto sancionado: Art. 28 da Lei 1/1992.

Sanción: 30.000 ptas

Nº de expediente: 766/97.

Denunciado: Silvio González Estévez.

Enderezo: Sanguiñeda.

Establecemento: Bikers.

Precepto infrinxido: Art. 26 c) da Lei 1/1992.

Precepto sancionado: Art. 28 da Lei 1/1992.

Sanción 30.000 ptas.

Nº de expediente 862/97.

Denunciado: Eduardo da Silva Barbosa.

Enderezo: Galerías Gallego.

Establecemento: O Cantiño.

Precepto infrinxido: Art. 26 c) da Lei 1/1992.

Precepto sancionado: Art. 28 da Lei 1/1992.

Sanción: 40.000 ptas.

Nº de expediente: 1004/97.

Denunciado: Silvio González Estévez.

Enderezo: r/ Progreso-Cruzamento Costilleta.

Establecemento: Bikers.

Precepto infrinxido: Art. 26 c) da Lei 1/1992.

Precepto sancionado: Art. 28 da Lei 1/1992.

Sanción: 30.000 ptas.

Nº de expediente: 1099/97

Denunciado: Higinio Prieto Sieiro.

Enderezo: r/ Xeneral Franco, 3.

Establecemento: Mesón Ladeira.

Precepto infrinxido: Art. 26 c) da Lei 1/1992.

Precepto sancionado: Art. 28 da Lei 1/1992.

Sanción: 30.000 ptas.

Nº de expediente: 1124/97.

Denunciado: Pérez y Porras, S.L.

Enderezo: r/ Valle Inclán, 1.

Establecemento: Start Dust.

Precepto infrinxido: Art. 26 c) da Lei 1/1992.

Precepto sancionado: Art. 28 da Lei 1/1992.

Sanción: 30.000 ptas.