Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Mércores, 11 de febreiro de 1998 Páx. 1.360

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de liña a M.T. ó C.T. de Frende, no concello da Estrada, a favor da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. (Expediente 417/1995 A.T.).

En cumprimento do ordenado no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa en relación co artigo 31.6º do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, fáiselles saber, en resumo, a tódolos interesados afectados pola execución do proxecto de referencia do que a súa urxente ocupación foi outorgada polo Decreto 337/1997, do 6-11-1997, DOG nº 229, do 26-11-1997, que o día

29-4-1998, a partir das 11 horas, se dará comezo ó levantamento sobre o terreo polo representante da Administración das actas previas á ocupación, correspondentes ós predios situados no concello da Estrada, sinalados cos números que en folla adxunta se detallan previndo os ditos interesados de que na respectiva notificación individual, que mediante cédula se lles practicará, coa debida anticipación legal, o día e hora en que para cada un terá lugar a dita dilixencia, prevíndoos tamén de que nos ditos actos poderán facerse acompañar dos seus peritos ou dun notario, pola súa conta, se así o estimasen conveniente.

A relación será fixada no taboleiro de anuncios do concello e nos desta delegación.

Vigo, 13 de xaneiro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 417/1995 A.T.Provincia: Pontevedra

Liña M.T. a C.T. de FrendeConcello: A Estrada

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosDomicilionºmmlm

5Monte do CuraMonteJosé Vicente Puente Constenla

Rptas. Manuel Puente Constela

Moucho-Vinseiro

36687 A Estrada

2130480

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosDomicilionºmmlm

9SalidoPradoJosé María Quintas MaloFrende-Vinseiro

36687 A Estrada

5-C.T.1033330