Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Mércores, 11 de febreiro de 1998 Páx. 1.335

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 23 de xaneiro de 1998 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Medio Ambiente, anunciada pola Orde do 4 de decembro de 1997 da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Pola orde da entón Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 4 de decembro de 1997 (Diario Oficial de Galicia nº 245, do 19 de decembro de 1997), convocouse a provisión polo sistema de libre designación do posto de xefe do Servicio de Defensa Contra Incendios Forestais da Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes en Lugo.

En virtude do establecido no Decreto 482/1997, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, o devandito posto esta actualmente encadrado nela.

Por todo iso en uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no seu artigo 15º 4 e de conformidade co disposto no artigo 27º 2 da referida Lei, e en cumprimento do establecido na disposición

6ª da mencionada orde de convocatoria e demais normativa vixente, esta consellería acorda:

Primeiro. Resolve-la citada convocatoria conforme se indica no anexo desta orde, adxudicándolle destino, no postos de traballo que se indica, ó funcionario que se cita.

Segundo. O cesamento no actual destino do funcionario que obteña praza producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ó da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que actualmente presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes, tratándose de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14º do Real decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro. A xefatura de persoal do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no que obteña praza, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión, respectivamente, e efectuaranse acto seguido os trámites necesarios para a entrada en nómina, conforme dispón a orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 28 de novembro de 1983.

Trasladaranse as dilixencias efectuadas, mediante copia á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Cuarto. Contra esta orde poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo nos termos e prazos sinalados na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, logo da comunicación a esta consellería, conforme o previsto no artigo 110º 3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 1998.

José Carlos del Álamo Giménez

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO

NºR.P.: 0251485135.

Grupo: B.

Apelidos e nome: Ruiz de Almirón Schlung, Javier.

Posto de traballo: xefe do Servicio Defensa Contra Incendios Forestais.

Nivel: 28.

Localidade: Lugo.

Dependencia: delegación provincial.