Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Mércores, 11 de febreiro de 1998 Páx. 1.330

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 03/0009808/97, interposto por Pizarras Intradima, S.L.

Recibida providencia da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pola que se reclama o expediente relativo ó recurso nº 03/0009808/97, interposto por Pizarras Intradima, S.L. contra Resolución do 21-7-1997 desestimatoria do recurso contra outra da Delegación Provincial de Ourense da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sobre acta de infracción nº 591/97, expediente nº 262/97.

Esta secretaría xeral acorda, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do citado expediente administrativo á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e son empra

zadas para que poidan comparecer como parte en autos na sección terceira da referida sala no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 1998.

Francisco Javier Rubio Delgado

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais