Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Mércores, 11 de febreiro de 1998 Páx. 1.329

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 1998, da Delegación Provinvial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector da construcción.

Vista a acta da reunión da comisión deliberadora do convenio colectivo para o sector da construcción da provincia de Pontevedra, que tivo entrada nesta delegación provincial con data do 13-1-1998, na que, en espera do asinamento do convenio do sector da construcción se acordou a publicación da xornada laboral e festivos para o ano 1998, esta autoridade laboral, ó abeiro do disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta dele

gación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da provincia de Pontevedra,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Segundo.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 19 de xaneiro de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Comisión deliberadora convenio

colectivo da construcción

Acta nº 1

Asistentes:

UGT:

José Carlos Rodríguez del Río.

Ramón Misa Costas.

Ramón Calvo Romero.

Ramón Carrera Molares.

Lourdes Liz Lorenzo.

CC.OO.:

Francisco Estévez Rodríguez.

José Laiño Paulos.

Baltasar González Durán.

CIGA:

Xosé Xoán Melón González.

Alberto Fernández Campo.

APEC:

José Manuel Conde Roque.

José Liz Rodríguez.

Anselmo Hernández Luján.

Yolanda Carballo Muñoz.

Escusa a súa ausencia:

Ricardo Mirón Gutiérrez.

En Vigo o 4 de decembro de 1997, na sede da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción (APEC) previamente convocados, reúnense as persoas que figuran á marxe nas representacións que se indican co obxecto de inicia-las negociacións do convenio colectivo provincial da construcción.

Á marxe do número de persoas que asistan de cada sindicato, a representación oficial é a que se certifique pola delegación da Consellería de Relacións Laborais.

Nesta comisión negociadora, para o ano 1998 quedará constituída por 15 membros, 5 por cada sindicato e 5 pola representación empresarial.

Unha vez constituída a mesa negociadora, acórdarase fixa-la xornada ordinaria anual para o ano 1998 en 1.764 horas efectivas de traballo.

Para adapta-la xornada ás 1.764 horas acordadas, fíxanse como festivos de convenio e aboables para tódolos efectos, os días seguintes:

20 de marzo.

4 de maio.

24 de xullo.

14 de agosto.

30 de outubro.

24.30 (media xornada) e 31 de decembro.

Estes días, así mesmo, non serán computables para os efectos dos desfrute das vacacións.

Nos concellos onde a festa local coincida co día non laborable ou festivo de convenio, pasarase ó día inmediatamente seguinte.

Nos concellos que a continuación se relacionan fíxanse como festivos os días seguintes:

Cambados: 13 e 20 de xullo.

Cerdedo: 27 de xullo.

Fornelos de Montes: 15 de xuño.

Pontevedra: 13 de xullo.

Vigo: 30 de marzo.

Acórdase facultar a Yolanda Carballo Muñoz para efectua-los trámites oportunos ante a delegación da consellería tendentes ó rexistro e publicación do pactado.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión fixando como próximo día de reunión o 22 de xaneiro ás catro e cuarto.

Rubricado