Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Martes, 10 de febreiro de 1998 Páx. 1.301

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIANXO

ANUNCIO.

Anúnciase a contratación da obra de pavimentación e remodelación urbana da rúa de Abaixo, polo sistema de poxa con procedemento aberto e trámite de urxencia.

1. Total orzamento de licitación.

Vinteún millóns setecentas corenta e unha mil oitocentas cincuenta e dúas pesetas (21.741.852 ptas.).

2. Pregos tipos de cláusulas administrtivas particulares.

Serán as vixentes para a contratación, mediante poxa, con procedemento aberto, das obras comprendidas nos plans de obras e servicios e outras obras provinciais da Deputación Provincial da Coruña (BOP nº 282 do 9/12/1996).

3. Presentación de proposicións.

Durante os 13 días naturais seguintes á publicación deste anuncio no último diario oficial en que se publique (DOG ou BOP), no rexistro da corporación en horario de oficina de 9 a 14 horas de luns a venres.

4. Apertura de proposicións.

Terá lugar ás 18 horas do cuarto día hábil seguinte á conclusión do prazo de presentanción de proposicións (se coincide con sábado trasladarase ó primeiro día hábil seguinte).

5. Modelo de proposición e documentación.

O recollido nos artigos 12 a 14 do prego mencionado (BOP 9/12/1996).

6. Clasificación requirida:

Grupo G. Subgrupo 6. Categoría D.

Este anuncio será por conta do adxudicatario.

Rianxo, 29 de xaneiro de 1998.

Pedro Piñeiro Hermida

Alcalde

529