Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Martes, 10 de febreiro de 1998 Páx. 1.301

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (expediente 76/1997).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria con data do 18 de decembro de 1997 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1.- Aprobar inicialmente, por instancia de Modesto Prada Posa, o proxecto de urbanización parcial na zona 1 do SU-25 do PXOU de Ourense logo da constitución de garantía polo importe dun millón seiscentas vintetrés mil novecentas oitenta e oito pesetas (1.623.988 ptas.) para asegura-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo coas da edificación.

De conformidade co disposto no artigo 44.3 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo dun mes que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 9 de xaneiro de 1998.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde

968