O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:
Obxecto: subministración útiles de comedor dun só uso.
Orzamento: 4.259.520 ptas.
Garantía provisional: 85.190 ptas.
Lote 1: culleres, coitelos, garfos, pratos e vasos dun só uso.
Orzamento: 2.066.400 ptas.
Garantía provisional: 41.328 ptas.
Lote 2: pastilleiro.
Orzamento: 1.577.520 ptas.
Garantía provisional: 31.550 ptas.
Lote 3: papel aluminio 326mmx30m.
Orzamento: 615.600 ptas.
Garantía provisional: 12.312 ptas.
I. Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto (tramitación anticipada).
II. Prazo de entrega: segundo necesidades comunicadas polo Servicio de Compras e Subministración e, se é o caso, a partir dos 15 días naturais seguintes ó asinamento do contrato.
III. Admisión de variantes: non se admiten variantes.
IV. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
V. Criterios de adxudicación:
Oferta económica: 60%.
Calidade dos materiais: 20%.
Servicio técnico da subministración: 20%.
Total: 100%.
VI. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados no Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan
Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006-A Coruña, en días haborais desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 08 73. Fax: (981) 17 80 32.
VII. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.
VIII. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da xerencia do complexo hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do decimoprimeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
IX. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
X. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.
A Coruña, 22 de xaneiro de 1998.
Jesús Caramés Bouzán
Director xerente do Coplexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña
865