Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Venres, 06 de febreiro de 1998 Páx. 1.190

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 1998 pola que se anuncia concurso aberto e tramitación urxente para o outorgamento da concesión das instalacións da lonxa do porto de Barallobre para a prestación do servicio de lonxa. (Expediente 12-28-98-C01).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Ente Público Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente:

c) Número do expediente: clave: 12-28-98-C01.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: o obxecto do concurso é o outorgamento da concesión das instalacións da lonxa do porto de Barallobre para a prestación do servicio de lonxa.

b) Lugar da concesión: Barallobre (A Coruña).

c) Prazo da concesión: cinco (5) anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Canon de explotación

Importe total: 254.427 ptas.

5. Garantías.

Provisional: 25.443 ptas.

Definitiva: 127.214 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Ente Público Portos de Galicia.

b) Domicilio: plaza de Europa, 5 A-6º (Área Central).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Telefono: (981) 54 45 02.

e) Telefax: 54 53 37.

f) Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do solicitante:

8. Presentación das ofertas e das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

Entidade: Ente Público Portos de Galicia.

Domicilio: praza de Europa, 5 A-6º (Área Central).

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

d) Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: corenta e cinco (45) días desde a apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Ente Público Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa, 5 A 6º (Área Central)

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15707

d) Data: o décimo día natural seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.

e) Hora: 9 horas.

10. Outras informacións:

11. Gastos dos anuncios: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 1998.

Emilio García Gallego

Presidente do Ente Público Portos de Galicia

864