Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Venres, 06 de febreiro de 1998 Páx. 1.184

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/423-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171,15000 A Coruña

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Loureiro

Situación: Carral

Características técnicas: L.M.T. área a 15/20 kV, de 0,322 km con orixe no apoio nº 7 da L.M.T. Mesón-Carral e final no C.T. Loureiro, en conductor L.A.-56/54,6 mm sobre apoios de formigón. C.T. intemperie de 50 kVA 15.000/380-220 V, en Loureiro. L.B.T. aérea de 0,015 km con orixe no C.T. de Loureiro, en conductor R.Z. sobre apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 26 de decembro de 1997

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

341