Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Venres, 06 de febreiro de 1998 Páx. 1.184

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/168-2, 4867 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A..

Enderezo social: r/ Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T. saídas subestación Sequeiros (Ribas de Sil).

Situación: Ribas de Sil.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV 0,084 km de lonxitude en conductor LA-110/116.2 mm. L.M.T. subterránea a 20 kV en conductor R.H.V.-12/20 kV-3x240 Al lonxitude 0,14 km. L.M.T. subterránea a 20 kV en R.H.V.-12/20 kV 3x240 Al 0,172 km L.M.T. subterránea a 20 kV en R.H.V.-12/20 kV-3x240 Al 0,282 km L.M.T. subterránea a 20 kV en R.H.V.-12/20 kV 3x240 Al 0,282 km.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de 30 días.

Lugo, 17 de decembro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

340