Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Venres, 06 de febreiro de 1998 Páx. 1.169

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 1998, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa no alugueiro dun inmoble en Santiago de Compostela, para dependencias da Comunidade Autonoma de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma e 55.2º do seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas conforme o Decreto 13/1997, do 23 de xaneiro,

RESOLVO:

Facer público que, por razón da urxencia de dispor dun local en vitrude do disposto no artigo 55.1º, do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma Galega, se xustifica, logo da fis

calización da intervención delegada da Consellería de Economía e Facenda e por proposta da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, a utilización do procedemento de contratacion directa do alugueiro dun inmoble sito na rúa de Basquiños 2, de Santiago de Compostela, para dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 1998.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio

458