Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Venres, 06 de febreiro de 1998 Páx. 1.168

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 1998, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas diversas adxudicacións de contratos administrativos.

En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio e 119 do Regulamento xeral de contratación do Estado, esta secretaría acordou darlles publicidade ás adxudicacións dos contratos de obra pública que se relacionan.

1. Contratos administrativos de obras.

Forma de adxudicación: a totalidade dos contratos que de seguido se identifican foron adxudicados, logo da tramitación do correspondente expediente administrativo, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público, ó abeiro do disposto nos artigos 74 e 75 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

2. Resolución de licitación: 23 e 30 de setembro de 1997 (DOG do 29 de setembro e 9 de outubro).

2.1. Obxecto do contrato: construcción dun pavillón polideportivo no concello de Noia (A Coruña).

Adxudicatario: Corsan, Empresa Constructora, S.A.

Importe da adxudicación: 73.525.674 ptas.

Prazo de execución: 10 meses.

Data da adxudicación: 20 de novembro de 1997.

3. Resolución de licitación: 12 de novembro de 1997 (DOG do 20).

3.1. Obxecto do contrato: construcción da 5ª fase do pavillón polideportivo de San Valentín de Fene (A Coruña).

Adxudicatario: Construcciones Orega, S.L.

Importe da adxudicación: 42.793.870 ptas.

Prazo de execución: 4 meses.

Data da adxudicación: 22 de decembro de 1997.

3.2. Obxecto do contrato: construcción dun pavillón polideportivo no concello de Padrón (A Coruña).

Adxudicatario: Airado y Maseda, S.L.

Importe da adxudicación: 92.090.862 ptas.

Prazo de execución: 12 meses.

Data da adxudicación: 22 de decembro de 1997.

3.3. Obxecto do contrato: construcción de bancadas e vestiarios no estadio de atletismo no concello de Narón (A Coruña).

Adxudicatario: Abeconsa, S.A.

Importe da adxudicación: 77.623.658 ptas.

Prazo de execución: 4 meses.

Data da adxudicación: 22 de decembro de 1997.

3.4. Obxecto do contrato: construcción dun pavillón polideportivo no colexio público de San Francisco Javier no concello da Coruña.

Adxudicatario: Construcciones Mon, S.L.

Importe da adxudicación: 90.731.454 ptas.

Prazo de execución: 8 meses.

Data da adxudicación: 22 de decembro de 1997.

3.5. Obxecto do contrato: urbanización do contorno do INEF de Galicia no concello de Oleiros (A Coruña).

Adxudicatario: Construcciones Mouzo y Souto, S.L.

Importe da adxudicación: 39.492.349 ptas.

Prazo de execución: 5 meses.

Data da adxudicación: 22 de decembro de 1997.

4. Resolución de licitación: 31 de outubro de 1997 (DOG do 13 de novembro):

4.1. Obxecto do contrato de subministración: adquisición de sistemas de cronometraxe electrónicos portátiles de natación e outro de atletismo.

Adxudicatario: Suministros y Planificaciones Industriales, S.A. (Spisa).

Importe da adxudicación: 14.650.000 ptas.

Prazo de execución: 1 mes e medio.

Data da adxudicación: 17 de decembro de 1997.

5. Resolución de licitación: 23 de setembro de 1997 (DOG do 29).

5.1. Obxecto do contrato: contrato privado de seguro (póliza) de accidentes deportivos e asistencia sanitaria.

Adxudicatario: Asistencia Sanitaria Interprovincial de Seguros, S.A. (Asisa).

Vixencia: 1 de novembro de 1997 ó 15 de setembro de 1998.

Data de adxudicación. 31 de outubro de 1997.

Procedemento e forma de adxudicación: declarado deserto o concurso convocado foi adxudicado mediante procedemento negociado sen publicidade ó abeiro do establecido no artigo 141 a) da Lei 13/1995, do 18 de maio.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 1998.

P.D. (Orde 21-5-1990)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte

670