Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Venres, 06 de febreiro de 1998 Páx. 1.157

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 19 de xaneiro de 1998 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes no Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia anunciados pola Orde do 21 de octubro de 1997.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes no Ins

tituto Lácteo e Gandeiro de Galicia pola Orde do 21 de outubro de 1997 (DOG nº 211, do 31 de outubro), en uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1998, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no seu artigo 15.4º, e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, na disposición sexta da mencionada orde e demais normativa vixente, esta consellería acorda:

Primeiro.- Declarar desertos ámbolos postos de traballo.

Segundo.- Contra esta orde poderase interpor recurso contencioso-administrativo nos termos e prazos sinalados na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativo, logo da comunicación a esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 1998.

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería

e Política Agroalimentaria

826