Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Venres, 06 de febreiro de 1998 Páx. 1.157

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 1998, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de aspirantes admitidos e excluídos das probas selectivas para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala de letrados.

Por Resolución do 9 de xaneiro de 1998, da Dirección Xeral da Función Pública, publicada no DOG nº 11, do 19 de xaneiro de 1998, apróbanse as relacións de aspirantes admitidos e excluídos nas probas selectivas para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala de letrados.

Transcorrido o prazo regulamentario para a presentación de reclamacións relativas ás citadas relacións de admitidos e excluídos, de conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4.2 das que rexen as probas selectivas convocadas pola Orde do 3 de novembro de 1997, publicada no DOG nº 222, do 17 de novembro, a Dirección Xeral da Función Pública,

RESOLVE:

Aproba-las listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala de letrados.

A lista definitiva de aspirantes admitidos atópase exposta nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais, no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia, sinalándose que non hai ningún aspirante excluído.

Contra a presente orde poderase interpoñer recurso contencioso administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día da publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 1998.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

819