Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Xoves, 05 de febreiro de 1998 Páx. 1.132

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

EDICTO.

Presentada unha alegación contra o prego de condicións económico-administrativas particulares rexedoras do concurso aberto para a adxudicación dos traballos de redacción dun Plan Xeral de Ordenación Municipal, suspéndese a tramitación do expediente, en canto o Pleno da Corporación non proceda á resolución daquela. O novo prazo para a presentación de solicitudes será oportunamente publicado nos diarios oficiais.

Viveiro, 29 de xaneiro de 1998

O alcalde

Rubricado