Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Xoves, 05 de febreiro de 1998 Páx. 1.132

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO de concurso aberto (2ª convocatoria con carácter urxente).

1. Obxecto do contrato: é a contratación dos traballos de desratización no municipio de Vilagarcía de Arousa durante o ano 1998.

2. Tipo de licitación: o orzamento do contrato que servirá de base de licitación ascende a un total de 2.600.000 ptas., por tódolos conceptos.

3. Prazo do contrato: os traballos de desratización terán unha duración dun ano natural, prorrogable por anualidades completas, de mutuo acordo.

4. Garantías provisional e definitiva: para participar no concurso constituirase unha garantía provisional de 52.000 ptas.

A fianza definitiva fíxase no 4% do orzamento do contrato.

5. Proposicións: as proposicións presentaranse nas oficinas municipais de Secretaría, Negociado de Urbanismo, no prazo de trece días naturais, a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia.

As proposiciósn axustaranse ó modelo que consta no prego de condicións.

6. Documentación: os licitadores, xunto coa súa proposición, achegarán a documentación á que se refire a cláusula XI do prego de condicións e nos sobres que figuran nela.

7. Apertura de plicas: terá lugar no salón de sesións do concello, ás 13 horas do quinto día hábil seguinte a aquel no que a mesa de contratación proceda á apertura dos sobres de documentación.

8. Prego de condicións: están á disposición dos interesados na Secretaría da Casa do Concello, tódolos días laborables, durante as horas de oficina, agás o sábado.

Vilagarcía de Arousa, 8 de xaneiro de 1998.

Joaquín J. Gago López

Alcalde

835